Acta da xuntanza do alumnado do ciclo de infantil modular do IES relativa a choiva de ideas sobre a celebración do Magosto, vai transcrito consonte foron emerxendo as ideas:
- mímicas: con tarxetas, xogo no que hai que adiviñar sentimentos
- xogo que realizaron Andrea e Rosa (segundo) o curso pasado (hai que completar a información porque non tomei nota do contido do mesmo)
- unha castaña de emocións: atopar parellas de emocións iguais (xogo de memoria)
- creba-castañas: recompoñer imaxes
- caixa máxica (sentido do tacto)
- globos (escachalos co traseiro)
- carreira con castaña e culler
- correr por parellas (...o da culler?)
- en troques do xogo con ovos e chocalos até que rompan, co ourizo das castañas (movemento pélvico)
- probas con aros... (ir ao ximnasio a ver o que hai)
O curso pasado os xogos comezaron antes das seis e remataron antes das nove. Participouse por grupos (maiores e nenas/os). Fixeron unha proba. A comida a elaborou o alumnado do ciclo de Sociosanitaria. Mercouse un agasallo para o grupo gañador e todo o alumnado aportou do seu peto un euro. Proposta para que desta volta, todos os grupos rematen todas as probas, aínda que xa se saiba que grupo é o gañador. Hai que confeccionar os selos que confirmen que todos os grupos realizaron todas as probas. Temos que ter unha idea aproximada de cantas persoas van vir. Ollo con isto: se todo o alumnado (infantil e sociosanitaria) monitoriza as probas... haberá suficientes persoas para o rol de participantes?
- cantar cancións (non chas quero, non chas quero...?)
- proba do gusto: probar alimentos (elaborar un gorro de chef?)
- proba do oído (... e do olfacto?)
- elaborar un diploma
- tres estanques de ras (desta volta castañas)
- crear un conto a partir dunha bolsa para cada grupo con obxectos (imprescidible: unha castaña)
- pintarlles a cara a nenas e nenos
Antes de saír do instituto, no departamento, logo de botarlle unha ollada a un libro que hai sobre o Magosto, escurríuseme a idea polos miolos de argallar un labirinto polo que unha castaña tiña que ir na procura do seu sorriso, que perdera, e atopalo. Temos que botarlle un ollo e ver que outras cousas nos pode inspirar! Por exemplo, agora que o penso... mellor... hummm... o pensamos entre todos/as, tendo conta de: soprar, papiroflexia, pompas, ciencia, froita, futbolín de castañas...
Non o falamos pero penso tamén que habería que realizar unha actividade final para agradecer a participación, poder ser cunha canción, alguén coñece algunha alegre e divertida na que haxa que mover o corpo?
Hai tamén que falar sobre se vai ou non a haber castañas asadas ou cocidas e que se vai cociñar; como vedes, temos algunhas ideas xa pero hai que concretar, decidirmos por que imos a facer en concreto e organizar quen vai facer cada cousa. Nesta semana que vén... todas/os: mans á obra!! ou neste caso: coas mans nas castañas (e ollo cos ourizos;)
3 comentarios:
Na miña terra dise BULLOTES, amin particularmente gustame mais ese nome......
Por se alguen lle interesa http://www.youtube.com/watch?v=Q7aQ_hIolKM
E así se asan os bullotes
http://www.youtube.com/watch?v=OzRj-Eo7ULs
Hola!O magosto saiu bastante ben, ainda que sempre hai cousas que se poden mellorar. Dicir que a ninguen nos acordou darlle o regaliño que mercaramos para os nenos e nenas participantes nos distintos talleres e xogos (non o botaron de menos porque non sabian que lle tiñamos preparada esa pequena sorpresa; queda para outra ocasion!).A pesar do olvido quedaron moi contentos/as con cadanseu diploma.
Publicar un comentario