lunes, 1 de noviembre de 2010

Pescudando ideas para un Magosto


Acta da xuntanza do alumnado do ciclo de infantil modular do IES relativa a choiva de ideas sobre a celebración do Magosto, vai transcrito consonte foron emerxendo as ideas:
  • mímicas: con tarxetas, xogo no que hai que adiviñar sentimentos
  • xogo que realizaron Andrea e Rosa (segundo) o curso pasado (hai que completar a información porque non tomei nota do contido do mesmo)
  • unha castaña de emocións: atopar parellas de emocións iguais (xogo de memoria)
  • creba-castañas: recompoñer imaxes
  • caixa máxica (sentido do tacto)
  • globos (escachalos co traseiro)
  • carreira con castaña e culler
  • correr por parellas (...o da culler?)
  • en troques do xogo con ovos e chocalos até que rompan, co ourizo das castañas (movemento pélvico)
  • probas con aros... (ir ao ximnasio a ver o que hai)
O curso pasado os xogos comezaron antes das seis e remataron antes das nove. Participouse por grupos (maiores e nenas/os). Fixeron unha proba. A comida a elaborou o alumnado do ciclo de Sociosanitaria. Mercouse un agasallo para o grupo gañador e todo o alumnado aportou do seu peto un euro. Proposta para que desta volta, todos os grupos rematen todas as probas, aínda que xa se saiba que grupo é o gañador. Hai que confeccionar os selos que confirmen que todos os grupos realizaron todas as probas. Temos que ter unha idea aproximada de cantas persoas van vir. Ollo con isto: se todo o alumnado (infantil e sociosanitaria) monitoriza as probas... haberá suficientes persoas para o rol de participantes?
  • cantar cancións (non chas quero, non chas quero...?)
  • proba do gusto: probar alimentos (elaborar un gorro de chef?)
  • proba do oído (... e do olfacto?) 
  • elaborar un diploma
  • tres estanques de ras (desta volta castañas)
  • crear un conto a partir dunha bolsa para cada grupo con obxectos (imprescidible: unha castaña)
  • pintarlles a cara a nenas e nenos
Antes de saír do instituto, no departamento, logo de botarlle unha ollada a un libro que hai sobre o Magosto, escurríuseme a idea polos miolos de argallar un labirinto polo que unha castaña tiña que ir na procura do seu sorriso, que perdera, e atopalo. Temos que botarlle un ollo e ver que outras cousas nos pode inspirar! Por exemplo, agora que o penso... mellor... hummm... o pensamos entre todos/as, tendo conta de: soprar, papiroflexia, pompas, ciencia, froita, futbolín de castañas...
Non o falamos pero penso tamén que habería que realizar unha actividade final para agradecer a participación, poder ser cunha canción, alguén coñece algunha alegre e divertida na que haxa que mover o corpo?
Hai tamén que falar sobre se vai ou non a haber castañas asadas ou cocidas e que se vai cociñar; como vedes, temos algunhas ideas xa pero hai que concretar, decidirmos por que imos a facer en concreto e organizar quen vai facer cada cousa. Nesta semana que vén... todas/os: mans á obra!! ou neste caso: coas mans nas castañas (e ollo cos ourizos;)
PD: e como coñecer non está demais, vaivos o tradicional click!
Veña... outro click (de onde saquei a imaxe:)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Na miña terra dise BULLOTES, amin particularmente gustame mais ese nome......

Anónimo dijo...

Por se alguen lle interesa http://www.youtube.com/watch?v=Q7aQ_hIolKM

E así se asan os bullotes
http://www.youtube.com/watch?v=OzRj-Eo7ULs

Anónimo dijo...

Hola!O magosto saiu bastante ben, ainda que sempre hai cousas que se poden mellorar. Dicir que a ninguen nos acordou darlle o regaliño que mercaramos para os nenos e nenas participantes nos distintos talleres e xogos (non o botaron de menos porque non sabian que lle tiñamos preparada esa pequena sorpresa; queda para outra ocasion!).A pesar do olvido quedaron moi contentos/as con cadanseu diploma.