domingo, 31 de octubre de 2010


"A Santa Compaña"


Neste tempo de defuntos vouvos contar a lenda da Santa Compaña. É unha das crenzas mais arreigadas na imaxinación e sentimento das xentes campesiñas da Galicia.
Moitos hai que din que a teñen visto, se ben non acertan a explicar concretamente o que é. Falan de espritos, de pantasmas, de luces que unhas veces son fachas acesas, outras osos da canela da perna que aluman como aquelas. É tal que unha procesión de mortos que cáseque sempre portan un cadaleito. Algunhas vegadas nese cadaleito vai un familiar do que presencia o paso da campaña, que non tarda en morrer: outras é o corpo de alguén que morreu en pecado.
Amiudo, o disgraciado que atopa no seu camiño a Santa Compaña, sempre a altas horas da noite, é obrigado a seguir, formando parte do cortexo, aquela fúnebre e medoñenta comitiva. E como os espectros corren ou voan por vales e montes, atravesan balados, silveiras e matos, o mortal que vai coeles remata sempre aparescendo esmorecido, cheo de rabuñaduras e coas roupas esfarrapadas.
Hai quen di que a compaña é a procesión de tódolos aboengos de aquel que vai morrer, que lle chegou a súa hora e que o agardan. Recollen a ialma do parente ó morrer e lévana consigo.
O frente desta comitiva de pantasmas adoita figurar un espectro de maior grandura, según algúns a Estadea; outros din que o que vai diante portando unha cruz é un ser vivo que tivo a disgracia de se atopare con paso da hoste e vese obrigado a se incorporare a ela.

viernes, 29 de octubre de 2010

Cando se achega o Samaín, ponse todo escuro, o verán ten o seu fin.

ANACO DA CANTIGA DO SAMAÍN

“O SAMAÍN”

Hoxe celebramos o Samaín

que noutros sitios chaman Halloween.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

Os devanceiros, nos tempos de antes

tiñan nas súas portas cabezas dos xigantes.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

Cando se achega o Samaín,

ponse todo escuro, o verán ten o seu fin.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

Este ano na nosa escola

temos Samaín, isto si que mola.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

miércoles, 27 de octubre de 2010

A orella verde, de Gianni Rodari


Un día, en el Expreso Soria Monteverde,
Vi subir a un hombre con una oreja verde.
Ya joven no era, sino maduro parecía,
Salvo, la oreja que verde seguía.
Me cambié de sitio para estar a su lado
y observar el fenómeno bien mirado.
Le dije: Señor, Usted, tiene ya cierta edad,
Dígame, esa oreja verde, ¿le es de alguna utilidad?
Me contestó amablemente: yo ya soy persona vieja,
Pues de joven sólo tengo esta oreja.
Es una oreja de niño, que me sirve para oír
cosas que los adultos nunca se paran a sentir:
Oigo lo que los árboles dicen, los pájaros que cantan,
las piedras, los ríos y las nubes que pasan,
oigo también a los niños, cuando cuentan cosas
que a una oreja madura, parecerían misteriosas.
Así habló el Señor de la oreja verde
Aquel día, en el Expreso Soria Monteverde



"Cuentos para jugar", a un click!


jueves, 21 de octubre de 2010

Ola! Somos nós!


Comezamos o noso gatexo pola blogosfera dende un punto preto do Mar Altlántico; somos un grupo de futuras educadoras de escolas infantís. Sede todos/as benvidas. 
Queredes comezar a gatexar con nós?