domingo, 31 de octubre de 2010


"A Santa Compaña"


Neste tempo de defuntos vouvos contar a lenda da Santa Compaña. É unha das crenzas mais arreigadas na imaxinación e sentimento das xentes campesiñas da Galicia.
Moitos hai que din que a teñen visto, se ben non acertan a explicar concretamente o que é. Falan de espritos, de pantasmas, de luces que unhas veces son fachas acesas, outras osos da canela da perna que aluman como aquelas. É tal que unha procesión de mortos que cáseque sempre portan un cadaleito. Algunhas vegadas nese cadaleito vai un familiar do que presencia o paso da campaña, que non tarda en morrer: outras é o corpo de alguén que morreu en pecado.
Amiudo, o disgraciado que atopa no seu camiño a Santa Compaña, sempre a altas horas da noite, é obrigado a seguir, formando parte do cortexo, aquela fúnebre e medoñenta comitiva. E como os espectros corren ou voan por vales e montes, atravesan balados, silveiras e matos, o mortal que vai coeles remata sempre aparescendo esmorecido, cheo de rabuñaduras e coas roupas esfarrapadas.
Hai quen di que a compaña é a procesión de tódolos aboengos de aquel que vai morrer, que lle chegou a súa hora e que o agardan. Recollen a ialma do parente ó morrer e lévana consigo.
O frente desta comitiva de pantasmas adoita figurar un espectro de maior grandura, según algúns a Estadea; outros din que o que vai diante portando unha cruz é un ser vivo que tivo a disgracia de se atopare con paso da hoste e vese obrigado a se incorporare a ela.

3 comentarios:

bgo dijo...

o que eu che diga... ídesme meter o medo no corpo e a ver logo como o saco! :)) e iso que o leo pola mañá!! :))

Anónimo dijo...

pues yo no quiero estar acompañada por esas santas!!!! uuuuuuuuuuu, :S

Anónimo dijo...

uhhhhh!! que medo, a santa compaña xa esta na rede.