jueves, 23 de diciembre de 2010

Bo Nadal



........... para todos e todas e moitos moitos.......
.......................................................................................
.......................................................................................





Bicossssss

sábado, 20 de noviembre de 2010

o dia dos pequerrechos



Hoxe fai  22 anos que Nacións Unidas aprobaba a Convención dos Dereitos do Neno










Fai un click, e verás todos os dereitos dos nosos nenos:
 http://www.youtube.com/watch?v=DBAmGRSqtIE

lunes, 15 de noviembre de 2010

a...b...c...3d



oooOooOOoHhhhHHHhhh...
Merqueino en Escocia, como vos dixen, pero imaxino que tamén o hai aquí :)
E por se nalgún momento das vosas vidas ides até alí, recoméndovos o Carberry Tower, preto de Edimburgo (hai coellos e cervatos!)

sábado, 13 de noviembre de 2010

Holaaaaa!!! Por fin!!! Conseguin entrar, despois de varios intentos, xa que a miña falta de memoria xogoume unha mala pasada, non me acordoba que contraseña metera, bueno un show!!!!
Que ben onte no magosto non??? Lástima que non poideran vir máis rapaces, pero claro o tempo tampouco axudou moito....como delegada de clase, quero dicir publicamente que a miña clase traballamos todas moito, por ali andabamos, corre pa eiqui, corre pa li, trapo por un lado, escoba polo outro, mesas pa riba, mesas pa baixo...( por certo, debe ser cousa da idade, non poiden subir máis que unha mesa, non podia cas duas!!, e pola noite vaia maniotas nas pernas).
Bueno, para ser o primeiro ano, creo que todo saiu bastante ben, e os rapaces que estiveron pasarono ben, que era o importante!!!!! FELICIDADES A TODAS!!!
Por certo o meu galego é oriental, xa se nota non??????? ata o lunssssssssssssssssssssssssssss

viernes, 5 de noviembre de 2010

DOULA. ¿ A que soa fermoso?


Fai uns días escoitei por primeira vez esta palabra, sonora, agarimosa, parece galega....., pois non, nin a RAG, nin a RAE me deron unha definición.

Comezan as miñas pescudas pola rede onde claro está atopeina, faste unha composición, pensas .......

Chega o día en que a Doula nos visita, estas fora cas túas compañeiras, ves chegar unha cara amiga, ¿es a Doula? resposta afirmativa. Si, pódovos asegurar que tiña e ten cara de Doula.

Creo falar por todas as miñas compañeiras ao dicir que nos tivo dende as 6 da tarde ata preto das 10.30 remexendo no noso interior e facéndonos pensar e escudriñar en cousas esquecidas, doce , moi doce é a palabra que me suxire, non son capaz de atopar outra; que outra cousa pode desexar unha muller que leva no seu ser o máis prezado que a natureza lle puido dar.

GRAZAS, MOITAS GRAZAS


jueves, 4 de noviembre de 2010

FACER NÚMEROS, LETRAS E FORMAS







O día que tocounos ser monitoras na clase de Xogos a Susana e a min, plantexamos este xogo. Cada grupo tiña que construir cos seus corpos unha palabra. A palabra era JUEGO . E éste foi o resultado. Eu paseino moi ben, vendo como vos facíades o xogo. Espero que vos tamén o pasárades ben.
¿Cál creedes que foi o grupo gañador?



lunes, 1 de noviembre de 2010

Xogos para o magosto

.

IDEAS DE XOGOS PARA O MAGOSTO


  1. COMER, SOPRAR E ESTOUPAR

Comer. unha castaña cocida, inchar un globo e logo estoupalo ca parte do corpo onde as costas perden o seu nome, e decir cu, para asi poder pasar a seguinte proba.

Unha variante podería ser inchalo ata estoupalo.


2. CORREDOR ESTREITO FEITO CON OURIZOS OU CASTAÑAS

Facer un corredor estreito polo que debe pasar o participante ou parella de participantes, como mostra o debuxo, a pata coxa, para poder pasar a seguinte proba sempre que manteña a postura senón comeza dende o principio.


Pescudando ideas para un Magosto


Acta da xuntanza do alumnado do ciclo de infantil modular do IES relativa a choiva de ideas sobre a celebración do Magosto, vai transcrito consonte foron emerxendo as ideas:
  • mímicas: con tarxetas, xogo no que hai que adiviñar sentimentos
  • xogo que realizaron Andrea e Rosa (segundo) o curso pasado (hai que completar a información porque non tomei nota do contido do mesmo)
  • unha castaña de emocións: atopar parellas de emocións iguais (xogo de memoria)
  • creba-castañas: recompoñer imaxes
  • caixa máxica (sentido do tacto)
  • globos (escachalos co traseiro)
  • carreira con castaña e culler
  • correr por parellas (...o da culler?)
  • en troques do xogo con ovos e chocalos até que rompan, co ourizo das castañas (movemento pélvico)
  • probas con aros... (ir ao ximnasio a ver o que hai)
O curso pasado os xogos comezaron antes das seis e remataron antes das nove. Participouse por grupos (maiores e nenas/os). Fixeron unha proba. A comida a elaborou o alumnado do ciclo de Sociosanitaria. Mercouse un agasallo para o grupo gañador e todo o alumnado aportou do seu peto un euro. Proposta para que desta volta, todos os grupos rematen todas as probas, aínda que xa se saiba que grupo é o gañador. Hai que confeccionar os selos que confirmen que todos os grupos realizaron todas as probas. Temos que ter unha idea aproximada de cantas persoas van vir. Ollo con isto: se todo o alumnado (infantil e sociosanitaria) monitoriza as probas... haberá suficientes persoas para o rol de participantes?
  • cantar cancións (non chas quero, non chas quero...?)
  • proba do gusto: probar alimentos (elaborar un gorro de chef?)
  • proba do oído (... e do olfacto?) 
  • elaborar un diploma
  • tres estanques de ras (desta volta castañas)
  • crear un conto a partir dunha bolsa para cada grupo con obxectos (imprescidible: unha castaña)
  • pintarlles a cara a nenas e nenos
Antes de saír do instituto, no departamento, logo de botarlle unha ollada a un libro que hai sobre o Magosto, escurríuseme a idea polos miolos de argallar un labirinto polo que unha castaña tiña que ir na procura do seu sorriso, que perdera, e atopalo. Temos que botarlle un ollo e ver que outras cousas nos pode inspirar! Por exemplo, agora que o penso... mellor... hummm... o pensamos entre todos/as, tendo conta de: soprar, papiroflexia, pompas, ciencia, froita, futbolín de castañas...
Non o falamos pero penso tamén que habería que realizar unha actividade final para agradecer a participación, poder ser cunha canción, alguén coñece algunha alegre e divertida na que haxa que mover o corpo?
Hai tamén que falar sobre se vai ou non a haber castañas asadas ou cocidas e que se vai cociñar; como vedes, temos algunhas ideas xa pero hai que concretar, decidirmos por que imos a facer en concreto e organizar quen vai facer cada cousa. Nesta semana que vén... todas/os: mans á obra!! ou neste caso: coas mans nas castañas (e ollo cos ourizos;)
PD: e como coñecer non está demais, vaivos o tradicional click!
Veña... outro click (de onde saquei a imaxe:)

domingo, 31 de octubre de 2010


"A Santa Compaña"


Neste tempo de defuntos vouvos contar a lenda da Santa Compaña. É unha das crenzas mais arreigadas na imaxinación e sentimento das xentes campesiñas da Galicia.
Moitos hai que din que a teñen visto, se ben non acertan a explicar concretamente o que é. Falan de espritos, de pantasmas, de luces que unhas veces son fachas acesas, outras osos da canela da perna que aluman como aquelas. É tal que unha procesión de mortos que cáseque sempre portan un cadaleito. Algunhas vegadas nese cadaleito vai un familiar do que presencia o paso da campaña, que non tarda en morrer: outras é o corpo de alguén que morreu en pecado.
Amiudo, o disgraciado que atopa no seu camiño a Santa Compaña, sempre a altas horas da noite, é obrigado a seguir, formando parte do cortexo, aquela fúnebre e medoñenta comitiva. E como os espectros corren ou voan por vales e montes, atravesan balados, silveiras e matos, o mortal que vai coeles remata sempre aparescendo esmorecido, cheo de rabuñaduras e coas roupas esfarrapadas.
Hai quen di que a compaña é a procesión de tódolos aboengos de aquel que vai morrer, que lle chegou a súa hora e que o agardan. Recollen a ialma do parente ó morrer e lévana consigo.
O frente desta comitiva de pantasmas adoita figurar un espectro de maior grandura, según algúns a Estadea; outros din que o que vai diante portando unha cruz é un ser vivo que tivo a disgracia de se atopare con paso da hoste e vese obrigado a se incorporare a ela.

viernes, 29 de octubre de 2010

Cando se achega o Samaín, ponse todo escuro, o verán ten o seu fin.

ANACO DA CANTIGA DO SAMAÍN

“O SAMAÍN”

Hoxe celebramos o Samaín

que noutros sitios chaman Halloween.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

Os devanceiros, nos tempos de antes

tiñan nas súas portas cabezas dos xigantes.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

Cando se achega o Samaín,

ponse todo escuro, o verán ten o seu fin.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

Este ano na nosa escola

temos Samaín, isto si que mola.

Tumba por aquí, tumba por alá,

tumba, tumba, ah, ah, ah, ah, ah,…

miércoles, 27 de octubre de 2010

A orella verde, de Gianni Rodari


Un día, en el Expreso Soria Monteverde,
Vi subir a un hombre con una oreja verde.
Ya joven no era, sino maduro parecía,
Salvo, la oreja que verde seguía.
Me cambié de sitio para estar a su lado
y observar el fenómeno bien mirado.
Le dije: Señor, Usted, tiene ya cierta edad,
Dígame, esa oreja verde, ¿le es de alguna utilidad?
Me contestó amablemente: yo ya soy persona vieja,
Pues de joven sólo tengo esta oreja.
Es una oreja de niño, que me sirve para oír
cosas que los adultos nunca se paran a sentir:
Oigo lo que los árboles dicen, los pájaros que cantan,
las piedras, los ríos y las nubes que pasan,
oigo también a los niños, cuando cuentan cosas
que a una oreja madura, parecerían misteriosas.
Así habló el Señor de la oreja verde
Aquel día, en el Expreso Soria Monteverde



"Cuentos para jugar", a un click!


jueves, 21 de octubre de 2010

Ola! Somos nós!


Comezamos o noso gatexo pola blogosfera dende un punto preto do Mar Altlántico; somos un grupo de futuras educadoras de escolas infantís. Sede todos/as benvidas. 
Queredes comezar a gatexar con nós?