viernes, 5 de noviembre de 2010

DOULA. ¿ A que soa fermoso?


Fai uns días escoitei por primeira vez esta palabra, sonora, agarimosa, parece galega....., pois non, nin a RAG, nin a RAE me deron unha definición.

Comezan as miñas pescudas pola rede onde claro está atopeina, faste unha composición, pensas .......

Chega o día en que a Doula nos visita, estas fora cas túas compañeiras, ves chegar unha cara amiga, ¿es a Doula? resposta afirmativa. Si, pódovos asegurar que tiña e ten cara de Doula.

Creo falar por todas as miñas compañeiras ao dicir que nos tivo dende as 6 da tarde ata preto das 10.30 remexendo no noso interior e facéndonos pensar e escudriñar en cousas esquecidas, doce , moi doce é a palabra que me suxire, non son capaz de atopar outra; que outra cousa pode desexar unha muller que leva no seu ser o máis prezado que a natureza lle puido dar.

GRAZAS, MOITAS GRAZAS


5 comentarios:

Anónimo dijo...

totalmente dacordo contigo..

chari dijo...

Foi un encontro espiritual, algo ao que hoxe en día non estamos acostumados.Remexer no noso interior debería ser un exercicio diario....

susi dijo...

Cantas cousas dos nosos antepasados non sabemos, a min fixome pensar moito, e preguntar a os meus, cousas que xa tiña esquecidas, foi unha tarde especial, para repetir....

bego dijo...

:) e que fermosa a imaxe! :)) hai que seguir a coñecer máis sobre todo o mundo que rodea a maxia de nacer, crecer e ser :))

sweetsecret dijo...

Que bonito post si señor!
Eu tamen quedei encantada ca visita da Doula o ano pasado, que por certo era a mesma, ainda que a súa visita foi mais curta que a vosa e se quedaron moitas cousas sen decir.
Un saúdo.