sábado, 20 de noviembre de 2010
o dia dos pequerrechos
Hoxe fai 22 anos que Nacións Unidas aprobaba a Convención dos Dereitos do Neno.
Fai un click, e verás todos os dereitos dos nosos nenos:
http://www.youtube.com/watch?v=DBAmGRSqtIE
lunes, 15 de noviembre de 2010
a...b...c...3d
Merqueino en Escocia, como vos dixen, pero imaxino que tamén o hai aquí :)
domingo, 14 de noviembre de 2010
MAGOSTO
sábado, 13 de noviembre de 2010
viernes, 5 de noviembre de 2010
DOULA. ¿ A que soa fermoso?

Fai uns días escoitei por primeira vez esta palabra, sonora, agarimosa, parece galega....., pois non, nin a RAG, nin a RAE me deron unha definición.
Comezan as miñas pescudas pola rede onde claro está atopeina, faste unha composición, pensas .......
Chega o día en que a Doula nos visita, estas fora cas túas compañeiras, ves chegar unha cara amiga, ¿es a Doula? resposta afirmativa. Si, pódovos asegurar que tiña e ten cara de Doula.
Creo falar por todas as miñas compañeiras ao dicir que nos tivo dende as 6 da tarde ata preto das 10.30 remexendo no noso interior e facéndonos pensar e escudriñar en cousas esquecidas, doce , moi doce é a palabra que me suxire, non son capaz de atopar outra; que outra cousa pode desexar unha muller que leva no seu ser o máis prezado que a natureza lle puido dar.
GRAZAS, MOITAS GRAZAS
jueves, 4 de noviembre de 2010
FACER NÚMEROS, LETRAS E FORMAS
lunes, 1 de noviembre de 2010
Xogos para o magosto
IDEAS DE XOGOS PARA O MAGOSTO
COMER, SOPRAR E ESTOUPAR
Comer. unha castaña cocida, inchar un globo e logo estoupalo ca parte do corpo onde as costas perden o seu nome, e decir cu, para asi poder pasar a seguinte proba.
Unha variante podería ser inchalo ata estoupalo.
2. CORREDOR ESTREITO FEITO CON OURIZOS OU CASTAÑAS
Facer un corredor estreito polo que debe pasar o participante ou parella de participantes, como mostra o debuxo, a pata coxa, para poder pasar a seguinte proba sempre que manteña a postura senón comeza dende o principio.
Pescudando ideas para un Magosto
- mímicas: con tarxetas, xogo no que hai que adiviñar sentimentos
- xogo que realizaron Andrea e Rosa (segundo) o curso pasado (hai que completar a información porque non tomei nota do contido do mesmo)
- unha castaña de emocións: atopar parellas de emocións iguais (xogo de memoria)
- creba-castañas: recompoñer imaxes
- caixa máxica (sentido do tacto)
- globos (escachalos co traseiro)
- carreira con castaña e culler
- correr por parellas (...o da culler?)
- en troques do xogo con ovos e chocalos até que rompan, co ourizo das castañas (movemento pélvico)
- probas con aros... (ir ao ximnasio a ver o que hai)
- cantar cancións (non chas quero, non chas quero...?)
- proba do gusto: probar alimentos (elaborar un gorro de chef?)
- proba do oído (... e do olfacto?)
- elaborar un diploma
- tres estanques de ras (desta volta castañas)
- crear un conto a partir dunha bolsa para cada grupo con obxectos (imprescidible: unha castaña)
- pintarlles a cara a nenas e nenos